Os catro dragóns (conto chinés)

Hai moitos anos, no principio dos tempos, non había nin ríos nin lagos sobre a terra. Só existía o Mar do Leste, onde vivían catro dragóns: o dragón longo, o dragón amarelo, o dragón negro e o dragón Perlín.

Un día os catro dragóns foron voando dende o mar ata o ceo, perseguindo ás nubes, xogando, cando de súpeto o dragón Perlín sinalou cara terra. Os dragóns viron moitas persoas facendo ofrendas extraordinarias, queimando barriñas de incenso, implorando aos deuses que enviasen chuvia para que puidesen sobrevivir os seus fillos.

Os dragóns viron que os campos de arroz estaban secos, os cultivos estragáranse e, ata as árbores semellaban esqueletos. Os catro estaban emocionados.

- “Mirade que famentas e débiles están estas persoas- dixo o dragón amarelo- si non chove pronto, morrerán”.

- “Veña- dixo o dragón longo- ímoslle  pedir ao emperador Xade que chova”.

Os catro dragóns eleváronse entre as nubes, voando ata o distante palacio celeste do emperador Xade.

- “Como ousades interromper o traballo tan importante que teño?- dixo o emperador- comportádevos como debedes e volvede ao mar que é o voso sitio”

- “Pero maxestade, os cultivos están secos. As persoas están morrendo de fame, é necesario mandarlles chuvia rápido”

- “De acordo, volvede ao mar, tranquilos, que mañá eu mandarei chuvia a esa xente”, – dixo Xade -, con ganas de botar outra cabezadiña. E antes de que os catro dragóns chegaran felices de volta ao Mar do Leste, o todopoderoso emperador Xade mandou a un grupo de fadas celestiais que lle cantasen unha linda canción e quedou durmido profundamente.

Pasaron dez días e os dragóns decidiron dar outro paseo polo ceo a ver como estaban aquelas persoas na terra.

Quedaron abraiados ao ver que aínda non caera nin unha pinga de chuvia. As persoas estaban desesperadas, ata comían herbas e pedras!.

Os catro dragóns déronse conta de que o todopoderoso emperador só pensaba no beneficio propio, no pracer. Terían que atopar unha solución eles mesmos. Miráronse mentres voaban sobre o gran Mar e o dragón longo tivo unha idea:

- “O mar non está cheo de auga? Debemos absorbela toda e botala polo ceo e así salvaremos ás persoas. Así comezaron a sorber a auga do Mar do Leste, enchendo as súas barrigas, e baleirándoa sobre aquela rexión ata que comezou a chover.

As persoas berraban con sorpresa e cheos de alegría:

- “Chove!, Chove!”

Entonces empezaron a brotar pequenos ríos por todas partes percorrendo os campos de arroz e tódolos cultivos.

Nese momento o emperador Xade estaba realmente furioso e mandou apresar aos catro dragóns. Cando os tivo diante díxolles:

- Como vos atrevedes a facer chover sen o meu permiso? Está é a última vez que desobedecedes.

E anoxado chamou ao deus da terra que encerrou aos catro dragóns dentro de catro inmensas montañas, quedando alí capturados para sempre.

Pero os dragóns estaban moi orgullosos de ter axudado a tantas persoas. E así, convertéronse nos catro grandes ríos que cruzan China, transformando as terras desérticas en fértiles, regando todo o territorio e indo a morrer ao mar.

Os catro grandes ríos son: Heilongjian (dragón negro), ao norte, distante e frío; Huang He (dragón amarelo), no centro; el Changjiang (Inag-Tse (dragón longo) no remoto sur e o Xi Jiang (Perlin), ocupando o sur tropical.

(Han-Wei Liu)

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.